Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

A poesía galega entre 1936 e 1975

Imaxe
Xosé Luís Méndez Ferrín, por Ánxela Adán Sangiao Álvaro Cunqueiro, por Rocío Donsión Ferreiro Celso Emilio Ferreiro, por María Currás González Celso Emilio Ferreiro, por Lucía Failde Beleda Luz Pozo Garza, por Sara Granja Sanmartín Luz Pozo Garza, por Paula Vázquez Álvarez Antón Tovar, por Clara Arias Fernández Bernardino Graña, por Alberto Rodríguez González Uxío Novoneyra, por Isabel Vilar Iglesias Uxío Novoneyra por Méndez Ferrín

As variedades dialectais da lingua galega

Imaxe
  Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas  isoglosas  (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas. 1.-Bloque oriental: - Plural -n: cais  (cans),  pantalois  (pantalóns),  ladrois  (ladróns) - Sufixo -iño : camín  (camiño),  paxarín  (paxariño) ,  vecín  (veciño) - Ggrupo -ua -: cuatro  (catro),  cuando  (cando),  guardar  (gardar) - Baxo  (baixo),  caxa  (caixa) Exemplos: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa Áreas do bloque oriental: - Asturiana : artigo el/l´ ,  avolo (avó),  mulin  (muíño) Ex. l´avolo ta n´el mulín - Ancaresa: vogais nasais - Zamorana : collí (collín),  partí  (partín) 2. Blo...

Poesía galega 1936-1976, resumo (Xeración do 36, Promoción de enlace, Xeración das Festas Minervais)

Imaxe

Traballamos os textos (X)

  Don Mariano camiña polo lado dereito do corredor do segundo andar de San Caetano na procura da seguinte reunión. Chega tarde e sábeo, por iso apura. Precédeno dous grosos asesores con cadanseu maletín na mao esquerda. Por detrás, dúas esveltas mulleres de andar contido e cartafol ao peito. De súpeto, don Mariano detense e todos se deteñen. Colle o móbil que vibra no peto do pantalón, mira a pantalla e aperta os labios ante a amoladura. –– Dime –di. Don Mariano, trinta segundos despois de descolgar e os mesmos a escoitar a pertinaz voz que sae polo seu móbil, atravesa o corredor e achégase a unha ventá. Vólvese para comprobar que ninguén axexa o que considera unha conversa privada. A seguir exclama, coa mao coa que sostén o aparello tapándolle a boca: –– Mira, Vanesa, eu non che teño a culpa de que alucines coa túa nai e co que pasa! E se non lle queres falar, alá ti. Ela seguramente fixo o que tiña que facer, e eu estou ocupadísimo traballando. Pero ocupadísimo, ent...