As variedades dialectais da lingua galega

 

Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas.

1.-Bloque oriental:

- Plural -n: cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns)
- Sufixo -iño: camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño)
- Ggrupo -ua-: cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar)
- Baxo
 (baixo), caxa (caixa)

Exemplos: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa

Áreas do bloque oriental:

- Asturiana: artigo el/l´avolo (avó), mulin (muíño) Ex. l´avolo ta n´el mulín
- Ancaresa:
vogais nasais
- Zamorana
: collí (collín), partí (partín)

2. Bloque central:

- Non seseo: luz, dez, empezar, dicir
- Sufixo -ao: mao, irmao, chao (man, irmán, chan)
- Plural -n: cas (cans), leós (leóns), ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns)
- Algunha gheada

Exemplos: a meu irmao caeulle a tixola ao chao // Vin pasar por alí unhos camiós negros // Mercou dous cas de palleiro

Áreas do bloque central:

- Mindoniense: cimo (grelo), golpe (raposo)
- Lucu-auriense: come (cume), bibe (bebe), il (el)

3. Bloque occidental:

- Gheada: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
- Seseo total: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez) ou seseo só final de sílaba: lus (luz) mais facer
- Sufixo -an: man, irmán, castelán, chan
- Plural n: uns, algúns, leóns, calcetíns

Exemplos: acende a lus da cosiña // Os tighres non son curmáns dos leóns // Ese xa caeu des veces ao chan

Áreas do bloque occidental:

- Fisterrá: cheísmo (só che pronome, non te)
- Pontevedresa
- Baixo Miño (teísmo, só te, non che)

 

Dialectos

 

 

Presentación sobre os bloques e áreas lingüísticas do idioma galego elaborada por Noemí Pazó



 
 
 Exercicios:
 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)