Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

O teatro de fins do s XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e 90. Dramaturgos,tendencias e compañías actuais máis relevantes

 O cambio de réxime vivido á morte do ditador Franco conlevou unha mudanza radical no terreo literario, reorientando e diversificando a oferta. O mesmo sucede no teatro, no que se produce unha revitalización que nunca tivera na nosa historia literaria, mais de todos os xeitos continúa a ser “a irmá pobre” da literatura, gozando dunha posición inferior á poesía ou á narrativa. Podemos distinguir tres  fases  no teatro actual: a)  Formación de compañías profesionais  (1978-1983). Grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia emprenden a aventura de facer do teatro a súa profesión, superando polo tanto a fase de afeccionados na que debían vivir doutro traballo. Podemos destacar  Sarabela Teatro , en Ourense, como compañía exitosa que segue en primeira liña na actualidade. No plano estético, as obras de intencionalidade política explícita ou alegórica van deixando paso a propostas máis diversificadas e máis complexas. b)...

Teatro galego de finais do século XX e inicios do XXI (anos 70, 80, 90 e novo milenio)

Imaxe

A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.

 Como característica desta nova etapa debemos destacar unha maior diversificación en todos os aspectos, de estilos, de temas e de rexistros lingüísticos: a) Publícanse parte das novelas centradas na guerra civil e posguerra, case todas escritas moitos anos antes no exilio. b) Narrativa histórica, con introdución de elementos fantásticos ou de aventuras c) Narrativa de xénero: do oeste , ciencia-ficción , erótica. E novela negra ( Carlos G. Reigosa... ) que será a que maior éxito acade, as novelas de Domingo Villar   Ollos de auga,   A praia dos afogados, O último barco  son éxitos actuais tanto en galego como na tradución castelá. O mesmo acontece con Pedro Feijoo : Os fillos do mar , Memoria da choiva , Os fillos do lume . Ou Arantza Portabales : Beleza vermella . d) Narrativa experimental e) Narrativa realista f) Narrativa humorística g) Narrativa fantástica, en boa parte influenciada por Cunqueiro h) Na...

Narrativa galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Imaxe