Fonética: O vocalismo
.- Punto de articulación : punto ou zona do boca onde se produce o son. - Palatal ou anterior - Velar ou posterior - Central ou media .- Modo de articulación : posición máis ou menos aberta da cavidade bucal (grao de abertura) - Aberta - Pechada - Semiaberta e semipechada Vogais semiabertas /ɛ/ /ɔ/ En palabras con e ou o breves no latín : ferro, fero, besta, festa, medo, pedra, vén, sete, égoa, cego, grego, nove, roda, óso, nora, soño . Normalmente en palabras esdrúxulas e cultismos : directo, época, óbolo, óbice. Nas palabras rematadas en -el e -ol ( pastel, papel, mel, anel, caracol, español, mol ) así como os seus plurais ( pasteis, papeis, meles, aneis, caracois, españois, moles ). Nas palabras rematadas en -elo , -ela , -enza , -encio , -encia , -ola , -ocho , -ocha , -ote , -ota e -oz , e tamén os seus plurais: portelo, elo, castelos, cadela, mourenza, silencio, paciencia, caracola, rapazolas,...