O acento diacrítico

 


Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir palabras homógrafas (que se escriben igual) que non sexan homófonas (As palabras homófonas son as que se pronuncian igual, p.ex., balor e valor)

Cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento á que ten vogal aberta ou á que é tónica (por exemplo: bóla / bola de pan).

Inserimos a continuación a listaxe de palabras con acento diacrítico en galego. Aquí podedes practicar:

á (prep. a + a artigo; extremidade das aves) a (artigo; pron. átono; prep.)
ás (a + as artigo; extremidades das aves; carta co número 1) as (artigo; pron. átono)
bésta (arma; resorte en vehículos) besta (animal)
bóla (esfera) bola (peza de pan)
(ca + a) ca (conx. comparativa)
cás (ca + as) cas (preposición (na casa de, á casa de)
chá (plana) cha (che + a)
chás (planas) chas (che + as)
(ca + o) co (con + o)
cós (ca + os) cos (con + os)
cómpre (é mester) compre (merque)
cómpren (son mester) compren (merquen)
(pres. e imp. de dar) da (de + a)
dás (pres. de dar) das (de + as)
(compaixón; aflición; nota musical) do (de + o)
é (pres. de ser) e (conx.)
fóra (adv.) fora (pluscuamperfecto dos verbos ser e ir)
(ruín) ma (me + a)
más (ruíns) mas (me + as)
máis (adv. e pron.) mais (conx.)[4]
(lazo) no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de ) nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o) o (artigo; pron. átono)
ós (a + os) os (artigo; pron. átono)
óso (parte do esqueleto) oso (animal)
(parte do corpo) pe (letra)
póla (rama) pola (galiña; por + a)
pór (poñer) por (prep.)
présa (apuro) presa (prendida; presada; encoro)
(sede eclesiástica; imp. de ser) se (conx.; pron.)
(adv. e adx.) so (prep.)
(infusión) te (pron. átono; letra)
vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imperativo de vir)
vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico) vos (pron. átono)


EXERCICIOS DE REPASO:






Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)