Fonética: O vocalismo

 

.- Punto de articulación: punto ou zona do boca onde se produce o son.

-  Palatal ou anterior

-  Velar ou posterior

-  Central ou media

 

.- Modo de articulación:  posición máis ou menos aberta da cavidade bucal (grao de abertura)

- Aberta

- Pechada

- Semiaberta e semipechada






Vogais semiabertas   /ɛ/    /ɔ/

En palabras con e ou o breves no latín: ferro, fero, besta, festa, medo, pedra, vén, sete, égoa, cego, grego, nove, roda, óso, nora, soño.

Normalmente en palabras esdrúxulas e cultismos: directo, época, óbolo, óbice.

Nas palabras rematadas en -el e -ol (pastel, papel, mel, anel, caracol, español, mol) así como os seus plurais (pasteis, papeis, meles, aneis, caracois, españois, moles).

 Nas palabras rematadas en -elo, -ela, -enza, -encio, -encia, -ola, -ocho, -ocha, -ote, -ota e -oz, e tamén os seus plurais: portelo, elo, castelos, cadela, mourenza, silencio, paciencia, caracola, rapazolas, gordocho, vellote, voz, feroz.

Nos nomes das seguintes letras: e, o, efe, ele, eme, ene, eñe, erre e ese.

Nos indefinidos alguén, ninguén, ren, cadaquén, quenquera, calquera, mesmo, certo...

No interrogativo quen.

Nos numerais cero, sete, nove, dez, cen...

Nas formas do posesivo noso, nosos, nosa, nosas.

Nos pronomes tónicos eu (tamén con pronuncia semipechada), ela (tamén con pronuncia semipechada), nós, vós, connosco, convosco.

Vogais semipechadas   /e/    /o/

En palabras con e ou o longos no latín: cheo, tona, rede, todo, boca, collo.

Nos sufixos tónicos -és, -esa, -edo, -eza, -ello (agás vello), -ella (agás vella), -oso, -on, -ona, -or, -oño e -ollo: cangués, coruñesa, penedo, avareza, pendello, orella, curioso, pasmón, mangallona, comedor, dor, risoño, ferrollo.

Palabras rematadas en -eo, -ea, -oa: feo, fea, alleo, allea, seo, area, leoa, boa, coroa.

Seguidas de consoante palatal (ch, x, ñ, ll) ou formando ditongo con i: empeño, pechas, pecho, deitan, cheira, espello, adoito, mollen, acochas.

No infinitivo dos verbos da segunda conxugación (-er) e no infinitivo do verbo pór: saber, ter, comer, facer, pór, pormos, poren.

Na vogal tónica dos verbos en -ear: ouvean, ceas, coxeo.

Formando ditongos decrecentes: meu, eira, moito, ouro, touro, eito, moucho, noiva, eixe.

Nos nomes das letras seguintes: be, ce, de, gue, pe, te, xe e zeta (ou ceta).

Nos demostrativos este, esta, ese, esa, aquel, aqueles.

Nos numerais tres, once, doce, trece, catorce.

Nos pronomes tónicos eu (tamén con pronuncia semiaberta), el, ela (tamén con pronuncia semiaberta), nosoutros, vosoutros.

 

ALTERACIÓNS DO SISTEMA VOCÁLICO 

 Neste sistema pode haber alteracións por

1.- engadir vogais:

Prótese: engadir unha vogal ao comezo; arradio=radio

Epéntese: engadir unha vogal no medio da palabra; soio=só

Paragoxe: engadir unha vogal o final; facere=facer  

2.- suprimir vogais:

Aférese: suprímese a vocal ao principio das palabras; topar=atopar

Síncopa: suprímese una vogal no medio da palabra; pra = para

Apócope: suprímese a vogal final; verdá=verdade, pa =para

 

METAFONÍA:

Fenómeno que consiste en que a vogal tónica abra por influxo dunha A final ou peche por influxo do O final:

 Voda = V/ɔ/da; o A final inflúe no O tónico abríndoo

 Medo= M/ e/do; o O final inflúe no E tónico pechándoo

 

HARMONIZACIÓN

 Consiste en pechar un grao unha vogal por influxo dun I tónico (*direito / dereito)



 

EXERCICIO:

 

1.- Le as seguintes palabras e indica o timbre da súa vogal tónica:

Forno                                       dogma                                      orella                                        forro

Herba                                       papel                                        halóxeno                                   besta

Xénese                                     roda                                          filloa                                         tona

Espello                                     cero                                          coxo                                         folla

Debes                                       moderno                                   moda                                        móbil

Teléfono                                   agora.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)