Fonética

 Déixovos unha ligazón ao Dicionario de pronuncia onde toparedes asemade a fonética, en caso de dúbida.


 

NESTA PÁXINA TEDES TODO MOI BEN EXPLICADIÑO

Aquí hai práctica e información.


A fonética é a ciencia que estuda os sons.

A fonoloxía é a ciencia que estuda os fonemas.

O fonema é o elemento mínimo distintivo.

Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen atopar ningún obstáculo.

Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

O son é a realización do fonema.

A letra é o signo gráfico co que se representa o son dun idioma.

 

Fonema: unidade mínima de son da lingua (non divisible en unidades máis pequenas) con valor significativo. Isto quere dicir que os fonemas diferenzan palabras entre si: por exemplo, os fonemas iniciais de "pata", "rata", "bata", "mata" e "lata" non son os mesmos (son, respectivamente, o /p/, /r/, /b/, /m/ e /l/; para non confundilos coas letras, escribímolos entre barras) polo que dan lugar a palabras de significado totalmente diferentes.

Son: realización concreta dun fonema (que é un concepto abstracto). O son é o que realmente pronunciamos. Por exemplo: na realización do fonema /r/ hai persoas que pronuncian un son vibrante (verbigracia, en "ramo") e outras que realizan un son diferente (máis gutural); non obstante, entendemos que o fonema de referencia é o /r/; ambas pronuncias son realizacións (sons) do mesmo fonema. Representamos os sons escribíndoos entre corchetes: [ə].

 

Non confundir con "letra": representación gráfica dun fonema (observa: o fonema /b/ represéntase coas letras "b" e "v"). 

Equivalencias fonema-letra

Letra Nome Fonema(s) que representa
A a /a/
B be /b/
C ce /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo); /k/ (+ a, o e u)
D de /d/
E e /e/, /ɛ/
F efe /f/
G gue /g/ (/x/ en zonas con gheada)
H hache
I i /i/, /j/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/, /ɔ/
P pe /p/
Q que /k/
R erre /r/, /ɾ/
S ese /s/
T te /t/
U u /u/, /w/
V uve /b/
X xe /ʃ/, /ks/
Z zeta /θ/ (/s/ en zonas con seseo)
Dígrafo Nome Fonema(s) que representa
ch ce hache /tʃ/
gu gue u /g/
ll ele dobre /ʎ/
nh ene hache /ŋ/
qu que u /k/
rr erre dobre /r/

Observa a non correspondencia fonema-letra

1- Non todos os fonemas están representados por unha letra, pois algúns precisan de dúas (dígrafos): ch, rr, nh…

2- Algúns fonemas teñen máis dunha representación gráfica, segundo certas regras:

- O /b/ represéntase con b se procede de B-, -B- e -P- latinos (BUCCA=boca) e con v se procede de U- e -U- (ADUOCATU=avogado).

- /k/: c, qu (cara, queixo). /g/: g, gu (gato, guerra) /Θ/ : z, c (zoco, cera).

3- Dous fonemas poden ter a mesma representación gráfica:

-/r/: raro. /n/: fano, non.

- Vogais de apertura media ou pechada: oso, óso.

- Taxi (ks)- exército.

4- Algunhas grafías representan dúas posibilidades de pronuncia a escoller polo falante:

- Representación do seseo e gheada: aguia: /ágia/ ou /áhia/

5- Algúns signos gráficos non representan ningún fonema: caso do h, e do u que segue a g e q cando preceden e,i: guepardo.

6- No noso alfabeto algunhas letras só se usan na transcrición de nomes ou palabras estranxeiras: k, w, y, ç.

 

Exercicios (con autocorrección)

 

As vogais

As vogais son sons da fala humana producidos ao expulsar aire pola boca, acompañados da vibración das cordas vocálicas; por iso dicimos que son "sonoras".

Segundo a posición da lingua na cavidade bucal e a maior ou menor abertura desta emitiranse vogais diferentes. Canto maior é o número de vogais nunha lingua, menor é a diferenza entre elas, pois o espazo articulatorio é moi reducido; a delimitación oral e auditiva nesas linguas, vólvese, por tanto, máis esixente á hora da súa aprendizaxe.

Non todas as linguas teñen o mesmo número de vogais (o castelán ten 5, o galego e o portugués 7, o inglés 20 e o francés 19). Isto é debido, por exemplo, a que a posición intermedia é máis aproveitada nunhas linguas que noutras. Por outra parte, algunhas linguas, coma o francés ou o portugués, teñen tamén vogais nasais. O galego tamén as tivo, pero hoxe están prácticamente desaparecidas.

 

Os fonemas vocálicos cumpren función silábica, xa que o núcleo da sílaba é sempre unha vogal.

Sa-bi-a-mos / co-tiá

Posición tónica ou pretónica

En posición tónica ou pretónica o sistema vocálico do galego presenta sete fonemas:

 

Punto de articulación

Anterior ou palatal

Central

Posterior ou velar

Pechada

/i/

 
/u/

 

Abertura media pechada

/e/

 
/ọ/

 

Abertura media aberta

/ ę/, /ɛ/

 

 
/ɔ/

Aberta

 
/a/

 

 

Posición postónica non final

En posición postónica non final, os fonemas redúcense a cinco, xa que non se dá á oposición entre abertura media aberta e abertura media pechada: /a,e,i,o,u/: /kágado/, /número/. Nesta posicion é frecuente a vacilación no punto de articulación (númaro).

Posición postónica final

En posición postónica final o número de fonemas redúcese a tres: /a,e,o/. Ocasionalmente, en palabras non patrimoniais poden atoparse /i,u/: taxi, tribu, álbum, corpus.

 

Vogais semiabertas- semipechadas

Non sempre é doado saber cando as vogais de abertura media son semiabertas ou semipechadas. Aínda así hai algunha regra moi sinxela que che poderá axudar a distinguilas:

Presentan no sistema máis común vogal tónica semiaberta:

1- As vogais de abertura media que portan un acento diacrítico: vén, só, póla, óso, présa,... coa excepción do verbo "pór".

2- Normalmente, as que se corresponden cos ditongos ue e ie en castelán (pObo, mEdo).

Presentan no sistema máis común vogal tónica semipechada:

As palabras en que -o- forma ditongo con -u- (ditongo decrecente): touro, tesouro...

As homógrafas das que levan acento diacrítico: do, ven.

Practicade aquí 

 

O sistema consonántico galego

                                                   

Punto de articulac.

Bilabiais

Labio-

dentais

Linguo-

dentais

Linguo-

interdentais

Linguo-

alveolares

Palatais

Velares

Modo de

Artic.

Son - xor

Son -xor

Son -xor

Son - xor

Son - xor

Son - xor

Son - xor

Oclusivas

/b/  /p/

 

/d/  /t/

 

 

 

/g/   /k/

Fricativas

 

      /f/

 

          /Θ/

        /s/

     /Š/

 

Africadas

 

 

 

 

 

     /ĉ/

 

Nasais

/m/

 

 

 

/n/

 /ň/

/ ŋ /

Líquid. laterais

 

 

 

 

/l/

/ λ /

 

Líquid. vibrante múlt.

 

 

 

 

/ŕ/

 

 

Líquid. Vibrant simple

 

 

 

 

/ г /

 


 


Lembra que a fonoloxía estuda os fonemas e a fonética os sons. Estes últimos son as realizacións posibles dos fonemas.

Na caracterización de ambos cómpre ter en conta:

·       O modo de articulación

·       O punto de articulación

·       A sonoridade

 

 Practica aquí

Máis exercicios

Tamén aquí

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)