Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)
Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín (xunto con Mesteres de Arcadio López Casanova) marcou un novo rumbo. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista.
Entre os moitos autores podemos destacar nestes anos:
-O social-realismo e as novas tendencias. Darío Xohán Cabana, moitas das súas poesías serán cantadas por grupos como Fuxan os Ventos; gran dominador do verso e a linguaxe.
-Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración: Rompente (poesía rompedora de Antón Reixa, Manuel Romón), Alén e Cravo Fondo (Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte).
A partir de 1980 consolídase a renovación coas
características antes citadas pero non compartidas por todos, non hai
unha escola, son diferentes escollas estéticas e voces singulares.
Destacamos:
– Manuel Vilanova, mítico e simbolista. E direivos eu do mester de cobras.
– Xosé Mª Álvarez Cáccamo, aberto á realidade a través de vivencias familiares. Praia das furnas.
– Miguel Anxo Fernán-Vello: o amor, corpo, o desexo… e tamén a sombra e a ausencia son os seus temas poéticos.
– Lois Pereiro (1958), Poesía última de amor e enfermidade.
Desde que foi o autor do Día das Letras Galegas (2011) converteuse nun
dos poetas de culto para as novas xeracións (igual ca Manuel Antonio
para os anteriores) pola orixinalidade, modernidade e autenticidade da
súa poesía.
A partir dos anos noventa é máis difícil aínda falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada poeta.
– Linguaxe máis directa e coloquial, que resulta máis próxima ao lector.
– Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta e o
ouvinte, máis que entre o poeta e o lector, nun intento de democratizar a
poesía.
– Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: Insubmisión, ecoloxismo, feminismo…
Prodúcese tamén unha importante incorporación da muller á poesía, xa iniciada na década precedente, que proporciona unha nova vertente feminina e feminista (deconstrución do universo masculino-machista, erotismo e sexualidade femininos…): Luísa Villalta, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Pilar Pallarés, Marta Dacosta, Lucía Aldao, María Lado… e Chus Pato (ingresou na RAG en 2017) con A ponte nas poldras, poeta traducida a varios idiomas.
Evidentemente, seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de novos poetas: Claudio Rodríguez Fer, Xosé Carlos Caneiro, Anxo Quintela, Millán Otero, Miro Villar, etc. E a poesía para nenos, A. García Teijeiro, premio nacional 2017 con Poemar o mar.
A poesía galega goza nos últimos anos dun dos mellores momentos da súa
historia en calidade e cantidade. A chegada da Internet supuxo unha
grande axuda xa que facilita novas canles de publicación: blogs, redes
sociais, portais específicos de poesía. Ademais permite a difusión de
recitais e videopoemas. Hoxe é moi difícil publicar un libro en papel
con poemas, máis é moi doado compartir na rede (seguramente con máis
lectores) as creacións poéticas.
1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e comeza para
Galicia –e para España- a etapa democrática máis extensa de toda a súa
historia. A presenza da lingua e a literatura galegas no ensino e a
oficialidade do noso idioma supoñen un impulso sen precedentes para a
promoción da literatura en galego: multiplícanse as empresas editoriais,
os premios e revistas literarios.
No campo da poesía, Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín (xunto con Mesteres -1976- de Arcadio López Casanova)
foi quen marcou ese cambio. O libro rompe co socialrealismo e abre
temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía
cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo
estilo máis culturalista.
Nos anos oitenta as principais características definitorias da poesía galega son:
– Ruptura co social-realismo. Prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade.
– Busca de novos suxeitos líricos (=negación da perspectiva autobiográfica)
– Experimentación e interdisciplinariedade (coa música, a plástica…)
– Culturalismo e intertextualidade (emprego de referencias culturais variadas: literarias, filosóficas, mitolóxicas, musicais…)
– Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións, etc.
– Incorporación do erotismo explícito.
– Recreación mítica.
– Preocupación formalista, barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.
É moi difícil facer unha selección dos autores máis
importantes do momento (por non haber o suficiente distanciamento nin
perspectiva histórica) e unha clasificación dos mesmos, por iso faremos
unha selección moi subxectiva e persoal.
A cabalo aínda entre o social-realismo e as novas tendencias está Darío Xohán Cabana (1952), con poesías cantadas por grupos como Fuxan os Ventos; gran dominador do verso e a linguaxe, é tamén tradutor ao galego de Dante e Petrarca, e nome recoñecido na narrativa actual.
Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de colectivos poéticos de curta duración: Rompente (poesía rompedora de Antón Reixa, Manuel Romón), Alén e Cravo Fondo (Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte). A
partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes
citadas pero non compartidas por todos, non hai unha escola, son
diferentes escollas estéticas e voces singulares. Destacamos:
– Manuel Vilanova (1944), mítico e simbolista: E direivos eu do mester de cobras (1980).
– Xosé Mª Álvarez Cáccamo (1950), aberto á realidade a través de vivencias familiares: Praia das furnas (1983)
– Miguel Anxo Fernán-Vello (1958): o amor, corpo, o desexo… e tamén a sombra e a ausencia son os seus temas poéticos.
– Lois Pereiro (1958), Poesía última de amor e enfermidade (1995).
Desde que foi o autor do Día das Letras Galegas 2011 converteuse nun
dos poetas de culto para as novas xeracións pola orixinalidade,
modernidade e autenticidade da súa poesía.
A partir dos anos noventa é máis difícil aínda falar de
tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada poeta. A
pluralidade é a tónica dominante. Desde o punto de vista formal, achamos
desde propostas clásicas (os sonetos de Miro Villar)
ata o versolibrismo. Ao lado da expresión contida, o minimalismo e a
depuración máxima atopamos poetas torrenciais, case narrativos. Ao lado
da expresión directa e sinxela, a presenza do símbolo e o hermetismo.
Desde o punto de vista temático, uns autores adoptan
unha actitude desmitificadora, combativa ou provocadora (no sexual, no
ideolóxico, no literario…), mentres outros teñen enfoques máis
tradicionais (amor, desamor, soidade, morte…)
Algunhas máis ou menos compartidas poderían ser:
– Linguaxe máis directa e coloquial, que resulta máis próxima ao lector.
– Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta e o
ouvinte, máis que entre o poeta e o lector, nun intento de democratizar a
poesía.
– Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: Insubmisión, ecoloxismo, feminismo..
– Algúns difunden tamén os seus versos a través de Internet, tanto en versión texto como en audio e vídeo.
Prodúcese tamén unha importante incorporación da
muller á poesía, xa iniciada na década precedente, que proporciona unha
nova vertente feminina e feminista (deconstrución do universo
masculino-machista, erotismo e sexualidade femininos…): Luísa Villalta, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Pilar Pallarés, Marta Dacosta, Lucía Aldao, María Lado… e Chus Pato (ingresou na RAG en 2017) con A ponte nas poldras, poeta traducida a varios idiomas.
Evidentemente, seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de novos autores:Claudio Rodríguez Fer, Xosé Carlos Caneiro, Anxo Quintela, Millán Otero, Miro Villar, etc., etc. E a poesía para nenos, A. García Teijeiro, premio nacional 2017 con Poemar o mar.
A poesía galega goza nos últimos anos dun dos mellores momentos da súa
historia en calidade e cantidade. A chegada da Internet supuxo unha
grande axuda xa que facilita novas canles de publicación: blogs, redes
sociais, portais específicos de poesía. Ademais permite a difusión de
recitais e videopoemas (Vimeo, YouTube…). Hoxe é moi difícil publicar un
libro en papel con poemas, máis é moi doado compartir na rede
(seguramente con máis lectores) as creacións poéticas.
Outra proposta:
1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e comeza para
Galicia –e para España- a etapa democrática máis extensa de toda a súa
historia. A presenza da lingua e a literatura galegas no ensino e a
oficialidade do noso idioma supoñen un impulso sen precedentes para a
promoción da literatura en galego: multiplícanse as empresas editoriais,
os premios e revistas literarias.
No campo da poesía, Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín (xunto con Mesteres -1976- de Arcadio López Casanova)
foi quen marcou ese cambio. O libro rompe co socialrealismo e abre
temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía
cultural, político social, redescobre a linguaxe e aparece un novo
estilo máis culturalista.
Nos anos oitenta as principais características definitorias da poesía galega son:
- Ruptura co social-realismo. Prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade.
- Busca de novos suxeitos líricos (=negación da perspectiva autobiográfica)
- Experimentación e interdisciplinariedade (coa música, a plástica...)
- Culturalismo e intertextualidade (emprego de referencias
culturais variadas: literarias, filosóficas, mitolóxicas, musicais...)
- Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións, etc.
- Incorporación do erotismo explícito.
- Recreación mítica.
- Preocupación formalista, barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.
É moi difícil facer unha selección dos
autores máis importantes do momento (por non haber o suficiente
distanciamento nin perspectiva histórica) e unha clasificación dos
mesmos, por iso faremos unha selección moi subxectiva e persoal.
A cabalo aínda entre o social-realismo e as novas tendencias está Darío Xohán Cabana (1952), con poesías cantadas por grupos como Fuxan os Ventos; gran dominador do verso e a linguaxe, é tamén tradutor ao galego de Dante e Petrarca, e nome recoñecido na narrativa actual.
Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de colectivos poéticos de curta duración: Rompente (poesía rompedora de Antón Reixa, Manuel Romón), Alén e Cravo Fondo (Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte). A
partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes
citadas pero non compartidas por todos, non hai unha escola, son
diferentes escollas estéticas e voces singulares. Destacamos:
- Manuel Vilanova (1944), mítico e simbolista: E direivos eu do mester de cobras (1980).
- Xosé Mª Álvarez Cáccamo (1950), aberto á realidade a través de vivencias familiares: Praia das furnas (1983)
- Miguel Anxo Fernán-Vello (1958): o amor, corpo, o desexo... e tamén a sombra e a ausencia son os seus temas poéticos.
- Lois Pereiro (1958), Poesía última de amor e enfermidade
(1995). Desde que foi o autor do Día das Letras Galegas en 2011
converteuse nun dos poetas de culto para as novas xeracións pola
orixinalidade, modernidade e autenticidade da súa poesía.
A partir dos anos noventa é máis difícil aínda
falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada
poeta. A pluralidade é a tónica dominante. Desde o punto de
vista formal, achamos desde propostas clásicas (os sonetos de Miro Villar)
ata o versolibrismo. Ao lado da expresión contida, o minimalismo e a
depuración máxima atopamos poetas torrenciais, case narrativos. Ao lado
da expresión directa e sinxela, a presenza do símbolo e o hermetismo.
Desde o punto de vista temático, uns autores adoptan
unha actitude desmitificadora, combativa ou provocadora (no sexual, no
ideolóxico, no literario...), mentres outros teñen enfoques máis
tradicionais (amor, desamor, soidade, morte...)
Algunhas características máis ou menos compartidas poderían ser:
- Linguaxe máis directa e coloquial, que resulta máis próxima ao lector.
- Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta
e o ouvinte, máis que entre o poeta e o lector, nun intento de
democratizar a poesía.
- Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: Insubmisión, ecoloxismo, feminismo..
- Algúns difunden tamén os seus versos a través de Internet, tanto en versión texto como en audio e vídeo.
Prodúcese tamén unha importante
incorporación da muller á poesía, xa iniciada na década precedente, que
proporciona unha nova vertente feminina e feminista (deconstrución do
universo masculino-machista, erotismo e sexualidade femininos...): Luísa Villalta, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Pilar Pallarés, Marta Dacosta, Lucía Aldao, María Lado, Chus Pato con A ponte nas poldras, poeta traducida a varios idiomas. Tamén hai que destacar a Xela Arias, figura a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2021.
Evidentemente, seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de novos autores: Claudio Rodríguez Fer, Xosé Carlos Caneiro, Anxo Quintela, Millán Otero, Miro Villar, etc., etc. E a poesía para nenos, A. García Teijeiro, premio nacional 2017 con Poemar o mar e Fran Alonso, Poemas virollos pra ler cos ollos.
A poesía galega goza nos últimos anos dun dos mellores momentos da
súa historia en calidade e cantidade. A chegada da Internet supuxo unha
grande axuda xa que facilita novas canles de publicación: blogs, redes
sociais, portais específicos de poesía. Ademais permite a difusión de
recitais e videopoemas (Vimeo, YouTube...). Hoxe é moi difícil publicar
un libro en papel con poemas, máis é moi doado compartir na rede
(seguramente con máis lectores) as creacións poéticas.

Comentarios
Publicar un comentario