Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín (xunto con Mesteres de Arcadio López Casanova ) marcou un novo rumbo. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista. Entre os moitos autores podemos destacar nestes anos: -O social-realismo e as novas tendencias. Darío Xohán Cabana , moitas das súas poesías serán cantadas por grupos como Fuxan os Ventos ; gran dominador do verso e a linguaxe. -Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración: Rompente (poesía rompedora de Antón Reixa, Manuel Romón ), Alén e Cravo Fondo ( Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte ). A partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes citadas pero non compartidas por todos, non hai u...
Tema7 2010 from xenevra Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozxs que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras (mesmo experimentais), do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega . Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. A “Nova Narrativa Galega” é un movemento de renovación temática e técnica no que incluímos un conxunto de obras publicadas entre 1954 e 1971. Compartían actividades e canles de expresión con outros narradores e poetas dos 50 : publicaron a colección “IIla Nova “...
Comentarios
Publicar un comentario