Traballamos os textos (V)
Afloran os síntomas dunha enfermidade social preocupante nos países democráticos: o rexurdimento, co nome que se queira, dos grupos neonazis. Abordar o problema será, sen dúbida, un dos retos non previstos por esas sociedades prósperas nas que aniña o xerme da violencia, sexa esta contra razas, etnias, sexos, relixións ou calquera forma de diferencia respecto ó que algúns consideran como propio.
O venres produciuse o terceiro atentado consecutivo con estas características en Londres. O primeiro foi contra negros; o segundo, contra asiáticos; o terceiro, contra homosexuais. Os sospeitosos: os “Lobos Brancos”. Non fai falta unha gran perspicacia para adiviñar a man da ideoloxía nazi detrás desta campaña, traxicamente repetida na Europa que se creu vacinada tras a II Guerra Mundial. En Alemaña, pensadores e políticos alertan desde hai anos sobre o perigo neonazi. En España déronse casos puntuais, coma en Francia. Estamos, polo tanto, ante os síntomas dun problema serio que cando se desata é difícil de combater, porque a súa orixe está na irracionalidade e no fanatismo.
En efecto, o diagnóstico non está claro, aínda que debemos apuntar a que na súa base está a frustración social de grupos, normalmente de pouca cultura e capacidade económica, que se senten marxinados ou diminuídos por inmigrantes; ou aldraxados no seu código de valores por hábitos relixiosos estranxeiros, ou por inclinacións sexuais diferentes.
Poderíase dicir que a educación é a resposta. Pero non é sinxelo. Tamén pode ser necesaria a capacidade coercitiva pública.
A Razón.
1.-TEMA.
2.- ESQUEMA.
3.- ESTRUTURA
4.- RESUMO.

Comentarios
Publicar un comentario