O demostrativo

 


 Os demostrativos sinalan as persoas ou cousas designadas polo nome, situándoas no espazo (Esa billa perde auga) ou no tempo (Aquel serán chovía). Teñen, polo tanto, un valor deíctico.

Os demostrativos poden converterse en pronomes:

As formas masculinas e femininas, cando non acompañan o substantivo, pasan a actuar como pronomes:Dáme esa.

Os demostrativos neutros sempre son pronomes: Iso é teu.

Este, esta, estes, estas

Ese, esa, eses, esas

Aquel, aquela, aqueles, aquelas

Iso, aquilo/aquelo.

 

 

Aquel e aquela poden ter funcións diferentes ás de demostrativo:

Substantivo:

Aquel e aquela poden ser usados como substantivos, con significado non definido. Esta polivalencia permite que o seu significado concreto varíe en cada caso segundo o contexto: Entrou na adega, foi ao pipo e abriu a aquela (= billa).

Verbo:

Do mesmo xeito funcionan os verbos aquelar e aqueloutrar: Mañá vou ir aquelar o coche ao taller (= reparar). Deixa aquelado o teu cuarto antes de saíres para o instituto.

Adverbio de tempo:

Daquela pode funcionar como adverbio de tempo, co significado de «naquela época», «naquel tempo»:  Daquela liamos novelas de vaqueiros (Cando eu era rapaz).

Conxunción:

Tamén pode ter o valor dunha conxunción consecutiva co significado de «polo tanto»: Rematastes as actividades, daquela podedes saír da aula

 

Nesto/nisto, neso/niso, con isto, nestas, nesas, con estasadmiten un uso adverbial cun significado equivalente a «nese momento", "nese intre";Estabamos na clase de matemáticas e nisto petaron á porta (= nese intre, nese momento).

Valor aproximativo: a construción “a iso de” ten valor aproximativo na expresión de localización temporal: A iso das dez, chámame..

Afirmación: Iso é, iso si, iso xa adoitan empregarse para ratificar unha afirmación:

-Non esquezas o molete de pan de millo. 

 

EXERCICIOS DE REPASO: 


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/demostrativo.htm

 

https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/demostrativo/Encrucillado

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)