Os interrogativos e os exclamativos


 

Os pronomes relativos teñen como principais funcións: substituír nunha oración un elemento presente noutra (antecedente) e subordinar oracións.

Os pronomes interrogativos, a diferencia dos anteriores, non se refiren a un antecedente senón a un consecuente e poden iniciar unha oración simple.

Os exclamativos, formalmente iguais aos interrogativos, carecen de antecedente e consecuente, e achegan un valor ponderativo.

Formas: que, quen, cal(es), canto(s) canta(s), cuxo(s) cuxa(s)

1. Onde, cando, como son adverbios que poden funcionar como relativos.

*Donde é un castelanismo, só onde: onde está?, a onde vai?, de onde vén?

2. Quen (relativo ou interrogativo):

  • non ten forma plural (*quenes):

non saben *quenes viñeron: non saben quen veu ou os que viñeron,
son eles *quenes máis se benefician: son eles os que máis se benefician;

  • nunca pode levar o verbo en plural, agás o verbo ser:

dixéroncho varios pero descubrimos *quen falaron ou *quenes falaron: descubrimos quen falou ou os que falaron;

pero pode ir co verbo ser en plural: sei quen é o que falou, sei quen son os que falaron;

o mesmo acontece como interrogativo:
quen chama?, dime quen chama (chamen unha soa persoa ou varias);
pero: quen é o que chama? ou quen son os que chaman?

  • aparece fosilizado nalgunas expresións:

ser quen a/de: “ser capaz de/a”;
de coma quen, de quen quen: “de mentira”;
facer coma quen que: “coma se fose certo”.

3. Cuxo (*cuio é castelanismo) é un arcaísmo desaparecido da fala actual, que recuperamos sobre todo para a linguaxe administrativa: a sentenza, cuxa publicación aínda se demorará, vai ser favorable aos seus intereses.

4. Os interrogativos e exclamativos non levan til: Quen mo dera! Canto che custou? Que lles dixo?

Nas interrogativas indirectas tampouco, a non ser que poidan resultar ambiguas:

dime qué queres (que queres?) / dime que queres (que si);
xa sabes canto lle custou / xa sabes cánto lle custou.

 http://aprendogalego.com/apgal_fin/6-Conxfin/interrogativos_e_exclamativos.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/6-Conxfin/exclamativos.html

 http://www.noticieirogalego.com/os-relativos-interrogativos-e-exclamativos/

 http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_det_03.html?orix=ud2&tare=11&tema=/mor_det_03.html


EXERCIOS DE REPASO:

http://aprendogalego.com/apgal_fin/6-Conxfin/exercicios6.html

http://cotovia.org/proxecto/exe/exe_mor_17.html?orix=ud2&tare=11&tema=mor_det_03.html 

http://cotovia.org/proxecto/ud2/ud2_11.html?orix=ud2&tare=11

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)