Traballamos os textos (VIII)

 

O NOSO SEÑOR  SANT-IAGO

 

O do bordón, das cunchas e da estrela,

Patrón  da Terra nosa, aloumiñado

de saudosa paz, no esgrevio estrado

da enxebre catedral de Compostela!

 

Así  te adora nosa Fe sinxela:

no teu trono de prata encadeirado,

a man a benzoar, asosegado,

esquecido das loitas de Castela.

 

O teu cabalo branco como a neve,

a túa espada de rebrillos louros

e o relembro das tráxicas fazañas.

 

Que, arredrado de nós para sempre, os leve

o pobo que te alcuña matamouros,

a sanguiñosa xente das Españas!

 

Ramón Cabanillas, Da Terra asoballada.

 

  

1.- Resume o texto.

2.- Sinala a  súa estrutura.

3.- Indica o significado que teñen no texto as palabras subliñadas.

4.- Identifica os pronomes átonos do texto e xustifica a súa posición con relación  ao verbo, indicando a súa función.

 

5.-  Une mediante os números os elementos relacionados das tres columnas:

 

     1

Vicente Risco

 

Trebón

 

Surrealismo

     2

Manuel Antonio

 

Nao senlleira

 

Teatro das Irmandades

     3

Castelao

 

O galo

 

Ensaio

     4

Álvaro Cunqueiro

 

Dos arquivos do trasno

 

Hilozoísmo

     5

Bouza Brey

 

Nós, os inadaptados

 

Narrativa de vangardas

     6

CotareloValledor

 

Poemas do si e non

 

Narracións breves con debuxo

     7

Rafael Dieste

 

De catro a catro

 

Neotrobadorismo

    8

Amado Carballo

 

Os camiños da vida

 

Poesía lírica combativa

    9

Ramón Cabanillas

 

Cousas

 

Novela realista sobre a decadencia da

fidalguía.

   10

Otero Pedrayo

 

Da terra asoballada

 

Creacionismo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)