A definición consiste na explicación do significado dunha palabra ou expresión. Ten a función de delimitar con precisión o definido, dando a coñecer as súas características, de maneira que o obxecto ou o concepto definido (animal, obxecto, idea, sentimento, emoción...) non poida ser confundido con outro. Aínda que hai distintos modos de definir (etimolóxico, literario, por sinonimia…), debemos definir por descrición. Así, para definir animais indicaremos a especie (hiperónimo) a que pertencen, cal é a súa anatomía e mesmo o seu hábitat… Para definir obxectos ou seres inanimados, ademais de indicar o hiperónimo, hai que explicar a forma, o tamaño, a materia da que están feitos e o uso ao que se destina. Para definir accións usaremos formas verbais que concreten e precisen o significado. Para definir calidades empregaremos adxectivos que expresen a calidade de maneira clara e precisa. CARACTERÍSTICAS DUNHA DEFINICIÓN DE CALIDADE : A) ...