Traballamos os textos (II)
Ti que voltas, que desandas o camiño do mar, que vas para o recanto onde
naciches, vai ver a meus pais, que Alá quedaron roendo broa e partindo
cadullos. Vainos ver pero non lles digas que caín dun tranvía e ando coxo; nin
que agatuño cada día sobre unha morea de cisco e paso dez horas por xornada
remexendo e entrecollendo porcalladas que bota a cidade; nin que vivo nun chafarís
de casqueiros sen luz e sem auga de tubaxe; nin que lavo a miña roupa; nin que
se me acabaron festas e domingos. Non lles digas do esforzo que me custa reunir
os pesos para o xiro mensual da “axuda familiar”, nin que era unha trola iso de
facer -as- américas. Non lles digas dos meus apretos, inda que son os de
moitos, deses moitos coma min que tamén calan e acochan os seus fracasos. Que
pensen que isto é de ouro e que os emigrantes somos felices.
Ou… se ben o cavilo case é mellor que lles digas a verdade. Eu nada
explico nas cartas, pero ti, como cousa túa… Que se decaten do que é dar ó zoco
polo mundo adiante e mastigar o pan que amasou o demo. Ti que voltas, que vas alá,
di o que queiras. O que che pete. Que o saiban todo.
Xosé
Neira Vilas. 2003
1.- Fai
un resumo do texto.
3.-
Dá o significado que teñen no texto as seguintes palabras ou expresións:
recanto (l.1), cadullos (l.2), agatuño
(l.3), morea de cisco, chafarís (l.4)
4.-
Define os fonemas vocálicos e consonánticos da palabra “cadullos” (l.2) e indica se é semiaberta ou semipechada a vogal
tónica de: bota (l.4), festas
(l.5), pesos (l.6) zoco (l. 11)
3.- A emigración en Galicia, antes e agora. Constrúe un texto sobre o tema,
comparando a situación que reflicte o texto coa que se dá hoxe. (Extensión
aproximada 30 liñas)

Comentarios
Publicar un comentario