A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas



 

 

 https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/selectivolingua1_archivos/2017/lit1.html:

O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro.
O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural, arredor desta nacerá a revista Nós.
Na poesía a entrada do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire.

O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela (1869-1947). Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición ou “antre dous séculos”(Méndez Ferrín): por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. 
Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1920, denominarase Do ermo. O cambio de título marca un cambio de tendencia na súa obra, con dúas etapas:
poesía costumista (coma no XIX): descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida en edicións posteriores.
* poesía lírica da montaña (=montañesa). Poética franciscana: tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos máis grandilocuentes ou vistosos. Neste apartado encádranse 21 sonetos literariamente moito máis traballados e lingüisticamente máis cultos; moi influenciados polos autores portugueses Antero de Quental e fundamentalmente o seu amigo saudosista Teixeira de Pascoaes.

Pero o poeta máis destacado da época das Irmandades é Ramón Cabanillas (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a nosa tradición)  introducindo elementos renovadores modernistas. Pódense distinguir catro etapas na súa obra:
1. Etapa pregaleguista ou agrarista No Desterro (1913) e Vento Mareiro (1915). De forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), nos dous libros altérnanse poemas de carácter intimista, costumista e agrarista (anticaciquil). Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros, son os máis coñecidos. Algúns poemas como Acción gallega ou A Basilio Álvarez chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros. Hai tamén poemas costumistas de influencia modernista.
2. Etapa galeguista (ata 1920). O libro representativo é Da Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.
3. Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres longos poemas narrativos: A espada EscaliborO  cabaleiro do Sant-Grial e O sono do rei Artur, que compoñen o libro Na Noite estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. E unha reconstrución mítica do pasado. 
4. Etapa de posguerra (1950-59 ) Non escribe poesía entre 1930-1950. Os seus últimos libros son Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), libros cheos de desenganos e morriña. Neste último, evocador e panteísta, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.

 

 IES Cacheiras:

A principios do s. XX, nunha Galiza maioritariamente agrícola e con escaseza de recursos, no medio dun clima de axitación política a causa do malestar causado polos foros (impostos por traballar as terras que non eran propiedade do campesiñado senón da Igrexa e outros sectores ricos) e a sangrante e masiva emigración, os partidos políticos galeguistas que daquela había defendían o agrarismo, a asociación do campesiñado para facer desaparecer os foros e obter a propiedade da terra (representados en partidos como Solidaridad Gallega). En 1916 fúndase na Coruña a primeira Irmandade de Amigos da Fala, asociación de carácter cultural e político que estendeu a súa organización a outras cidades e vilas galegas como Compostela, A Estrada, Monforte, Lugo... Editaron A Nosa Terra, periódico integramente en galego, para espallar o seu ideario e dar publicidade ás súas actividades. As Irmandades da Fala tiñan dous obxectivos claros: a difusión da cultura galega e, no plano político, a elaboración dun Estatuto de Autonomía, sobre todo a partir de 1918, ano en que se declaran nacionalistas. Verbo do seu labor cultural, as Irmandades crearon editoriais (Lar, Céltiga, Alborada...), promoveron o teatro (fundaron a escola de teatro nomeada Conservatorio Nazonal de Arte Gallego) e os estudos lingüísticos (dicionarios e gramáticas, como a de Lugrís) e intentaron galeguizar o ensino primario. Entre os intelectuais que organizaron as Irmandades pódese destacar a escritores como Cabanillas, os irmáns Villar Ponte, Noriega, López Abente, Taibo ou Vicente Viqueira (pedagogo). Neste marco sociopolítico deuse unha literatura que serviu de apoio a estes ideais nacionalistas, nomeadamente no terreo da poesía, aínda que as representacións teatrais tampouco non eran escasas. Noriega Varela (1869-1947) proviña dos intelectuais agraristas inmediatamente anteriores á política que defendían as Irmandades, e publicou, tras varias edicións aumentadas, Doermo en 1920, un poemario de temática paisaxista onde se loa a natureza montañesa. As pegadas modernistas atópanse nunha obra na que, empregando metros clásicos como o soneto, de clara influencia clásica, tamén destaca o canto á humildade dos elementos que conforman a paisaxe da montaña mindoniense en estado virxinal. Noriega recibiu influencias do costumismo do Posrexurdimento (Leiras Pulpeiro) e dos saudosistas portugueses (Teixeira de Pascoaes). O modernismo era unha corrente estética de principios do XX na que se enxalzaban os sentidos, polo que o colorismo e o exotismo constituían as principais características deste movemento nacido na América. A este movemento estético pertence tamén a figura de

Cabanillas. O cambadés xa mantiña contacto coa literatura anterior ao emigrar a La Habana (Cuba), onde a súa Casa de Galiza fora promotora da fundación da Real Academia Galega en 1905 na Coruña a iniciativa de Curros Enríquez. A poética de Ramón Cabanillas (1876-1959) presenta unha dobre vertente: a poesía lírica, en obras como No desterro (1913), Vento Mareiro (1915), Da terra asoballada (1917) e A rosa de cen follas (1927), onde mestura a temática amorosa e íntima (o saudosismo, é dicir, a nostalxia ou morriña), por unha banda, e a cívica e nacionalista, por outra, herdada da figura de Curros, a través da cal amosa unha forte crítica contra o caciquismo en defensa do agrarismo (chegou a escribir o himno de Acción Gallega, o partido agrarista dirixido polo sacerdote Basilio Álvarez, sobre quen tamén elaborou un poema); e a poesía narrativa, chamada así porque evita a inclusión da voz poética no tema das súas composicións falándose de terceiras persoas coma se de narrativa se tratase. Nesta vertente inclúese o poemario Na noite estrelecida(1926), formado por tres composicións longas ("A espada Escalibor", "O cabaleiro do Santo Grial" e "O soño do rei Arturo"), de estilo épico e onde se emprega a materia de Bretaña convertendo a figura do rei Arturo en referente do pasado celta de Galiza. Despois da Guerra Civil Cabanillas continuou o seu labor literario afastándose do compromiso social tan propio del e empregando temas e formas popularistas (Antífona dacantiga (1951) ou Da miña zanfona (1954), de ton metapoético). Volveu cultivar a poesía narrativa a través da descrición da vida monacal enSamos (1958). Ramón Cabanillas bebeu nas fontes da poesía do Rexurdimento (Rosalía, Curros, Pondal...) e soubo constituír unha tradición literaria que continuou nomeadamente coa temática cívica na posguerra.

 

 IES Leliadoura:

Despois do brillante período do Rexurdimento, na literatura galega abriuse unha nova etapamarcada pola continuidade temática e formal dos seguidores de Rosalía, Curros e Pondal. Nasprimeiras décadas do século XX xorden dous movementos sociais e ideolóxicos que cómpreanalizar para encadrar a dinámica das nosas letras nesta época: a aparición da ideoloxía agrarista ea creación das Irmandades da Fala.O agrarismo foi un movemento revolucionario protagonizado polas asociacións decampesiños (entre elas Solidaridad Gallega, Acción Gallega,e o agrarismo católico) parareivindicaren melloras no campesiñado a comezos do século XX. Loitaron por un sistemaanticaciquil e antiforista xa que pedían a abolición dos foros, o acceso á propiedade das terras e areforma agraria en Galicia. A súa arma máis eficaz foi a palabra, a dialéctica dos mitinsmultitudinarios do líder de Acción Gallega, o cura da parroquia de Beiro, Basilio Álvarez.As Irmandades da Fala foron agrupacións galeguistas espalladas por diferentes lugares deGalicia (a primeira creouse na Coruña en 1916) que se centraron na defensa da lingua galega(pedían a cooficialidade co castelán e a extensión social do idioma), na denuncia dos problemas edo atraso de Galicia, e na afirmación de que Galicia era unha nación e, polo tanto, debía contar cunpoder político propio. Coas Irmandades xorde o termo nacionalismo vencellado ao galeguismo.Arredor das Irmandades aglutináronse os principais autores desta época, asumindo, enmaior ou menor medida, o seu ideario galeguista como signo identitario de Galicia.As dúas figuras máis importantes deste período foron Ramón Cabanillas e Antonio NoriegaVarela. Ao mesmo tempo, é preciso falar doutras figuras, relegadas a un papel secundario, queasumiron os mesmos principios e publicaron a súa obra na época das Irmandades, como sonGonzalo López Abente, Victoriano Taibo, Xerardo Álvarez Limeses e Xosé Crecente Vega.2. Antonio Noriega VarelaNaceu en Mondoñedo en 1869. Cursou estudos no Seminario da súa cidade natal, pero nonchegou a se ordenar sacerdote por problemas familiares. En 1895 gañou un certame poético enMondoñedo cunha composición de carácter costumista, “De ruada”, que ten moitas coincidenciascoa poesía de Manuel Leiras Pulpeiro.Graduouse como mestre de ensino primario e exerceu o seu traballo en distintos lugares:Foz, Calvos de Randín, Trasalba, Santa María da Graña e Viveiro. En Foz, por influencia de VillarPonte, entrou en contacto co movemento agrarista. Alí formou parte da redacción do períodosatírico local, Guau Guau, no que publicou algúns poemas de carácter reivindicativo e anticaciquilque lle ocasionaron problemas.Foi trasladado a Calvos de Randín, na montaña do sur de Ourense e preto da raia dePortugal. Aí entra en contacto coa literatura portuguesa e, sobre todo, con Teixeira de Pascoaes.Anos despois trasladouse a Trasalba, onde coñeceu a Otero Pedrayo e aos membros do Grupo Nós.Nesta etapa madurece a súa arte poética e reafírmase a súa estética paisaxística en contra dasnovas tendencias poéticas que comezaban a cultivar outros autores galegos da época.Cada vez máis afastado das directrices culturais e políticas das Irmandades e dosintelectuais galeguistas, pasa a rexentar a escola de Santa María da Graña, en Abadín (Lugo). Osúltimos anos da súa carreira exerceunos na escola de Chavín, no val de Viveiro, xa totalmentedecantado a favor das ideas do réxime franquista. Faleceu en Viveiro en 1947.

Historia da Literatura. Lingua Galega e Literatura. 2º Bacharelato2.1. ObraA súa obra poética gozou dunha importante difusión no seu tempo, non sempre por razónsliterarias: foi presentado como vítima da intransixencia do caciquismo; moitos curas, compañeirosde seminario, fixeron propaganda das súas obras; a amizade cos membros do Grupo Nós facilitou apublicación de Do ermo (Ourense, 1920); foi apoiado polo goberno franquista trala Guerra Civil.Foi autor dun único libro de poemas que sufriu un proceso de continua reelaboración,expurgando unhas composicións e engadindo outras, ata a súa última edición en vida. O títuloinicial da súa obra foi Montañesas (1904 e 1910) pero, a partir da terceira edición, pasou a titularseDo ermo (1920, 1929 e 1946).Na poesía de Noriega Varela poden distinguirse dúas liñas superpostas que vanevolucionando ao longo da súa vida:A que corresponde coa primeira etapa, de carácter costumista e ruralista, moi influídapolos poetas de finais do XIX, en especial polo seu paisano Leiras Pulpeiro. No aspectoformal destaca polo dominio da lingua e da métrica popular, que dota os seus versos dunhagran musicalidade. En canto aos temas predominan os motivos paisaxísticos e a glosa, conironía e graza sentenciosa, dos costumes, das tradicións e da ruda vida dos “brañegos”, oscampesiños da montaña dos arredores de Mondoñedo.A da segunda etapa, de carácter máis culto e refinado, que revela a lectura dos poetasclásicos latinos, a do nicaraguano Rubén Darío e a dos portugueses Antero de Quental,Guerra Junqueiro e Teixeira de Pascoaes. Noriega abandona o costumismo de tipo ruralistae escribe unha poesía moito máis elaborada, que se aprecia nun maior coidado da lingua eno emprego de estrofas cultas, coma o soneto. Convértese en poeta das “humildes cousasque ninguén olla” - a raiola de sol, as “doíñas do rocío”, as flores do toxo, da xesta e dacarpaza, as fontes e as pucharcas, un verme...- cunha actitude de atracción polo humilde epolos seres máis desamparados. Este franciscanismo é a manifestación literaria daprofunda relixiosidade do autor, que concibe a súa obra como un canto á grandeza de Deuse que ve nos elementos da natureza un corolario de símbolos das virtudes cristiás: ahumildade, a pobreza, a piedade, etc.Sendo estas as dúas liñas poéticas principais, convén recordar que Noriega tamén cultivou apoesía satírica e burlesca, escribindo composicións en contra da República, das ideas progresistas,dos galeguistas e nacionalistas; e, froito da súa amizade con Basilio Álvarez, tamén foiocasionalmente un poeta cívico, con poemas anticaciquís, que eliminaría en edicións posterioresda súa obra.Á súa obra de creación hai que engadir A Virxe y-a paisanaxe (1914), compilación decantigas populares en honor da Virxe María recollidas en distintos lugares, que leva un prólogo deBasilio Álvarez; e Como falan os brañegos (1928), colección de refráns e ditos populares da súaterra.3. Ramón Cabanillas EnríquezNaceu en Fefiñáns (Cambados, Pontevedra) en 1876. Cursou os primeiros estudos noseminario de Santiago de Compostela, onde coñeceu os autores clásicos e naceu a súa paixón polalectura. Aos dezasete volveu a Cambados e traballou en labores administrativos.En 1910, casado e con 34 anos, emigrou a Cuba. Na Habana exerceu como contable decomercio e como administrador do Teatro Nacional, que rexentaba o Centro Galego. OsHistoria da Literatura. Lingua Galega e Literatura. 2º Bacharelatointelectuais galeguistas da illa acollérono moi ben e animárono a escribir en galego e a afondar oseu compromiso con Galicia. Froito deste compromiso foron os seus dous primeiros libros: Nodesterro, prologado por Basilio Álvarez, e Vento mareiro.En 1915 regresou a Galicia con merecida sona de poeta. Traballou como secretario doconcello de Mos (Pontevedra) e iniciou unha estreita colaboración coas Irmandades da Fala e coseu fundador, Antón Villar Ponte. En 1920 ingresou na Real Academia Galega. Trasládase a Madride alí funda a primeira revista infantil en galego, As roladas (1922).Á volta, traballou no Balneario de Mondariz, onde editou O bendito San Amaro, condebuxos de Castelao, e preparou a edición de Na noite estrelecida (1926). En 1929 ingresou naReal Academia Española.Participou na fundación do Partido Galeguista formando parte da candidatura quepresentou pola provincia de Pontevedra ás Cortes Constituíntes de 1931, sen resultar electo. En1933 foi nomeado vocal do Consello Nacional de Cultura, nun momento de goberno de dereitas.Afastado de toda actividade política e mesmo cultural, a sublevación militar quedesencadeou a Guerra Civil sorprendeuno en Madrid. Pasou a Valencia, onde colaborou conCastelao e con outros intelectuais favorables á República. En 1937 está en Cambados, en territoriodos “nacionais”.Rematada a guerra, traballou de secretario en varios concellos. Máis tarde instálase enMadrid, alternando tempadas en Baracaldo. En 1948 profesou na venerable Orde Terceirafranciscana, e iniciou unha estreita relación co mosteiro de Samos (Lugo), onde concibe e escribe oseu último libro.Os últimos anos da súa vida pasounos en Cambados, onde morreu en 1959.3.1. ObraFoi un dos escritores máis fecundos da literatura galega. O seu xénero preferido foi apoesía, pero tamén cultivou o teatro, a prosa poética, o estudo da literatura popular e a tradución.A súa produción lírica abrangue os seguintes títulos:No desterro (1913)Vento mareiro (1915)Da terra asoballada (1917)O bendito San Amaro (1925)Na noite estrelecida (1926)A rosa de cen follas (1927)Camiños no tempo (1949)Da miña zanfona (1954)Samos (1958)Cabanillas escribiu tamén dúas pezas teatrais, A man da santiña (1921) e O Mariscal (1926),esta última en colaboración con Antón Villar Ponte. Tamén escribiu algúns libretos de teatro lírico eoutras loas de teatro litúrxico.En prosa destacan os seus discursos de ingreso nas Academias e algúns prólogos. Comoinvestigador da literatura popular publicou Antífona da cantiga (1951).Do seu labor como tradutor deixounos Versos de alleas terras e de tempos idos (1955),versións ao galego dos seus autores preferidos de diferentes épocas e literaturas.3.2. Traxectoria poética de CabanillasCabanillas foi poeta serodio. Publicou a súa primeira obra cando xa contaba 37 anos, pero asúa facilidade para escribir fixo que ao longo da súa dilatada vida deixase un número importanteHistoria da Literatura. Lingua Galega e Literatura. 2º Bacharelatode obras. Na súa traxectoria poética distínguense catro etapas:Etapa de formación (1910-1915)Cabanillas empezou a escribir poesía en castelán antes de emigrar a Cuba. Por influenciados intelectuais galeguistas da illa, especialmente de Basilio Álvarez, asumiu o compromiso deescribir en galego. Na etapa da emigración cubana publicou os seus dous primeiros libros, Nodesterro (1913) e Vento mareiro (1915), ambos dunha grande similitude formal e temática. Noaspecto formal nótase a influencia dos poetas do Rexurdimento, sobre todo de Rosalía e Curros,así como a incorporación das novidades métricas e estilísticas do modernismo de Rubén Darío. Encanto aos temas, predominan os de carácter intimista e descritivo, a pesar de que os máiscoñecidos son os de tipo social e reivindicativo. Estes últimos amosan a voz dun poeta civil quedenuncia a miseria dos labregos, o abuso dos caciques e dos fidalgos, e que reivindica anecesidade de supresión dos foros e doutros atrancos que impiden o desenvolvemento e oprogreso da sociedade campesiña.Etapa galeguista (1916-1920)A esta etapa corresponde a obra Da terra asoballada (1917), algúns poemas que máis tardeincluíu na segunda edición de Vento mareiro (1926), e a peza teatral A man de Santiña (1921).Influído pola constitución das Irmandades, Cabanillas asume a voz do poeta civil que loita polosintereses de Galicia e difunde o ideario galeguista (a importancia do idioma na conformación denación, o modelo irlandés, o celtismo...).O ton revolucionario agrarista dalgúns poemas da etapa anterior vese substituído agora porun verniz máis didáctico e educativo, co fin de achegar ao pobo as ideas do galeguismo. No lugardo labrego, é agora Galicia a que se ve sometida a abusos e inxustizas; e non todos os fidalgos soncorruptos e sanguinarios (o fidalgo protagonista de A man de Santiña é recto, honrado e amanteda súa terra).Etapa mitolóxica (1921-1930)Coincidindo coa reorientación ideolóxica das Irmandades cara a posturas máis culturais, naliña das ideas estéticas de Vicente Risco, Cabanillas escribe agora unha poesía empeñada enreconstruír o pasado mítico de Galicia. As obras máis representativas son Na noite estrelecida(1926) e o drama O Mariscal (1926), que eleva a figura do nobre galego Pedro Pardo de Cela ácategoría de mártir das liberdades galegas, por se opoñer á represión das tropas da raíña Isabel aCatólica.A lingua poética é máis elaborada e conceptuosa, con frecuentes referencias eruditas e unsistema pechado de símbolos de raíz culta. A métrica alterna versos de corte clásico, como oalexandrino, con outros de tipo popular, como o romance e outras estrofas populares.Etapa de posguerra (1939-1959)A partir de 1931, Cabanillas deixa de publicar e de escribir, salvo algúns poemas decircunstancias durante a República e dous romances publicados durante a guerra en revistas deresistencia antifascista. A finais de 1940 empeza unha segunda madurez creadora e a súa voz volveasumir o papel simbólico de recuperación e dignificación cultural. Neste proceso de tímidarexeneración da cultura galega durante a posguerra, salienta a publicación de Camiños no tempo(1949) e Antífona da cantiga (1951), primeira obra da editorial Galaxia. Posteriormenteaparecerían Da miña zanfona (1954) e Samos (1958).A súa poesía alcanza un elevado nivel técnico, sobre todo no emprego do verso clásico queHistoria da Literatura. Lingua Galega e Literatura. 2º Bacharelatoalterna entre as tiradas de pareados alexandrinos, os hendecasílabos brancos, as silvas e ossonetos.3.3. Liñas poéticas de CabanillasNa poesía de Cabanillas distínguense dúas grandes modalidades: a poesía lírica e a poesíanarrativa.Dentro da poesía lírica aparecen composicións de tes tipos: poesía intimista, poesía cívica epoesía costumista.A poesía intimista trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias doseu pasado. A obra máis representativa é A rosa de cen follas, unha homenaxe a Rosalía e á poesíaromántica, con predominio do tema amoroso.A poesía cívica recolle os postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala. É a máiscoñecida: poemas como “A Basilio Álvarez”, “En pé!”, “Acción Gallega”, “A un cacique”, “Lume nopazo”, “A fouce esquecida” son auténticas proclamas anticaciquís e antiseñoriais. Non ten unhavisión negativa da emigración, mesmo a presenta como un feito liberador do labrego ante ahumillación e a inxustiza (“Camiño adiante”).A poesía costumista fala de tipos e costumes rurais cunha nova perspectiva crítica ehumorística. Bos exemplos son a descrición dun Pierrot labrego (“Da traxedia de Pierrot”) e oarremedo obsceno da lenda do paxaro de Armenteira.Na poesía narrativa recrea un pasado cheo de esplendor e augura un futuro esperanzadorpara Galicia. Salientan nesta liña O bendito San Amaro (1925) e Na noite estrelecida (1926). Estaobra, o cume poético de Cabanillas, é un longo poema narrativo, dividido en tres partes ou “sagas”,elaborado con temas recollidos da materia de Bretaña -as lendas da corte do rei Artur e a busca doSanto Grial- e outros materiais da épica céltica e da tradición cristiá para adaptalos á reconstrucióndun pasado mítico de Galicia. As sagas son “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Sant Grial” e “Osoño do Rei Artur”.3.4. Lingua e métricaNas primeiras obras, Cabanillas emprega unha lingua baseada na forma oral do galegooccidental, da comarca do Salnés, pero rexeitando a gheada e o seseo. Na súa lingua aparecencastelanismos e hipergaleguismos, por un afán diferenciador. Mais a medida que avanza a súaobra, Cabanillas corrixe e perfecciona a súa lingua, depurándoa de vulgarismos e castelanismos,logrando un estándar literario afastado de dialectalismos, aínda que con arcaísmos,hipergaleguismos e neoloxismos forzados.Foi un versificador de grande facilidade. Na súa obra utilizou metros e estrofas nuncautilizados ou non perfectamente aclimatados na poesía galega anterior. É o primeiro poeta galegoque ten un dominio absoluto da métrica e do ritmo, adecuando verso a contido e tema. O versoque máis utiliza da arte menor é o octosílabo, que axusta con facilidade ao romance narrativo, ácanción amorosa, á sentenza moral, ao motivo folclórico, á denuncia social, á descriciónpaisaxística ou á expresión intimista.Entre os versos de arte maior, o máis empregado é o hendecasílabo, no que constrúe osseus sonetos. Tamén emprega o dodecasílabo e o alexandrino.Historia da Literatura. Lingua Galega e Literatura. 2º Bacharelato4. Outros poetas da época das IrmandadesVictoriano Taibo García (Santiago, 1865-Vigo, 1966)Como poeta segue as mesmas directrices dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo,lirismo intimista e poesía cívica. Abrente (1922) é o seu primeiro libro; en 1925 publicou Da vellaroseira, un pequeno folleto dedicado ao poeta de Cambados.Xerardo Álvarez Limeses (Pontevedra, 1871-1940)Colaborou en diferentes revistas e publicou un único libro de versos en galego, Antre dousséculos. Versos gallegos (1934), prologado por Castelao. A súa poesía é continuísta dos temas doRexurdimento con ecos de reivindicación social e denuncia agrarista.Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963)Cultivou a poesía, a narrativa e o teatro. En poesía publicou, entre outras, as seguintesobras: Escumas da ribeira (1911), Alento de raza (1918), Nemancos (1929) e Centileos nas ondas(1958). Na primeira etapa predominan os versos de contido amoroso e de reivindicación social. Naúltima etapa os motivos principais son o mar e a paisaxe da súa terra.Xosé Crecente Vega (Castro de Rei, 1896-Segovia, 1948)Educado no seminario de Mondoñedo, a súa formación clásica maniféstase na elegancia ena sobriedade con que trata os temas populares. É autor dun único libro de poemas de inspiracióncampesiña, Codeseira (1933), de estética tradicional.

 

Esquema para imprimir

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

As variedades dialectais da lingua galega

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)