Tema7 2010 from xenevra Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozxs que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras (mesmo experimentais), do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega . Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. A “Nova Narrativa Galega” é un movemento de renovación temática e técnica no que incluímos un conxunto de obras publicadas entre 1954 e 1971. Compartían actividades e canles de expresión con outros narradores e poetas dos 50 : publicaron a colección “IIla Nova “...
Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas. 1.-Bloque oriental: - Plural -n: cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns) - Sufixo -iño : camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño) - Ggrupo -ua -: cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar) - Baxo (baixo), caxa (caixa) Exemplos: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa Áreas do bloque oriental: - Asturiana : artigo el/l´ , avolo (avó), mulin (muíño) Ex. l´avolo ta n´el mulín - Ancaresa: vogais nasais - Zamorana : collí (collín), partí (partín) 2. Blo...
Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín (xunto con Mesteres de Arcadio López Casanova ) marcou un novo rumbo. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista. Entre os moitos autores podemos destacar nestes anos: -O social-realismo e as novas tendencias. Darío Xohán Cabana , moitas das súas poesías serán cantadas por grupos como Fuxan os Ventos ; gran dominador do verso e a linguaxe. -Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración: Rompente (poesía rompedora de Antón Reixa, Manuel Romón ), Alén e Cravo Fondo ( Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte ). A partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes citadas pero non compartidas por todos, non hai u...
Comentarios
Publicar un comentario