Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2020

Teatro galego do primeiro terzo do século XX

Imaxe
  O teatro da Xeración Nós, por Paula Gutiérrez Silva O Teatro do Grupo Nós, por Lucía García Varela O teatro rexionalista, por Andrea Dafonte González O teatro das Irmandades da Fala, por María Otero Souto Rafael Dieste, por Laura Couto González

Teatro galego do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala, Vangardas, Xeración Nós)

Imaxe
 

Os interrogativos e os exclamativos

Imaxe
  Os pronomes relativos teñen como principais funcións: substituír nunha oración un elemento presente noutra (antecedente) e subordinar oracións. Os pronomes interrogativos, a diferencia dos anteriores, non se refiren a un antecedente senón a un consecuente e poden iniciar unha oración simple. Os exclamativos, formalmente iguais aos interrogativos, carecen de antecedente e consecuente, e achegan un valor ponderativo. Formas : que, quen, cal(es), canto(s) canta(s), cuxo(s) cuxa(s) 1. Onde, cando, como son adverbios que poden funcionar como relativos. *Donde é un castelanismo, só onde : onde está?, a onde vai?, de onde vén? 2. Quen (relativo ou interrogativo): non ten forma plural ( *quenes ): non saben *quenes viñeron: non saben quen veu ou os que viñeron, son eles *quenes máis se benefician: son eles os que máis se benefician ; nunca pode levar o verbo en plural, agás o verbo ser : dixéroncho varios pero descubrimos * quen falaron ou * qu...

Os indefinidos

Imaxe
 https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3304  http://aprendogalego.com/apgal_fin/6-Conxfin/indefinido.html : Son palabras que indican indeterminación ou imprecisión referida a unha cantidade ou á identidade de algo ou alguén. Formalmente poden ser variábeis ou invariábeis. Sintacticamente funcionan como: actualizadores   Algúns indefinidos como algo, nada, alguén, ninguén ou quenquera só poden ser pronomes.   Pouco, moito, algo, nada, abondo, bastante, demasiado, máis, menos, tanto, canto. Poden ser indefinidos (acompañan ou substitúen a un nome, do que indican unha cantidade imprecisa: moita auga ) ou adverbios de cantidade (cando, indicando cantidade, acompañan a un verbo, a un adxectivo ou a outro adverbio chove moito ).     Desde o punto de vista semántico, os indefinidos poden clasificarse en: Cuantificadores: Designan un número ou cantidade indeterminada: algún, ningún, algo, nada, alguén, ...

Os numerais

Imaxe
  Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e indican cantidade exacta ( cardinais ), orde ( ordinais ), fraccións ( partitivos ) ou múltiplos ( múltiplos ).   https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/Os_determinantes/O_numeral    EXERCICIOS DE REPASO:  https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/numeral https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/numeral.htm

O posesivo

Imaxe
  Os posesivos indican unha relación con algunha das tres persoas gramaticais participantes no acto comunicativo. Esa relación pode concretarse en varios sentidos, entre eles o de posesión ou pertenza. Morfoloxicamente, o posesivo concerta co substantivo en xénero e número; é dicir, coa cousa posuída e non co posuidor ( Xoel tocou co a sú a guitarr a ) . Sintacticamente cumpre as funcións de: actualizador (O meu tío é doutor), modificador (Ese can teu é moi listo) ou atributo (Este vehículo é seu ). omo regra xeral o posesivo anteponse ao substantivo; neste caso esixe a presencia do artigo: O meu can non volveu. Excepción a esta norma son os posesivos de respecto mi, tu, su, noso/a, voso/a (mi padre) e naqueloutros casos que establece o uso do artigo. O posesivo pode ir posposto ao substantivo nos seguintes casos: Cando o substantivo vai precedido dun interrogativo: ¿ Cantos compañeiros nosos cres que irán? Cando vai precedido dun indefinido: Algúns compañei...

O demostrativo

Imaxe
    Os demostrativos sinalan as persoas ou cousas designadas polo nome , situándoas no espazo (Esa billa perde auga) ou no tempo (Aquel serán chovía). Teñen, polo tanto, un valor deíctico. Os demostrativos poden converterse en pronomes: As formas masculinas e femininas, cando non acompañan o substantivo, pasan a actuar como pronomes: Dáme esa. Os demostrativos neutros sempre son pronomes: Iso é teu. Este, esta, estes, estas Ese, esa, eses, esas Aquel, aquela, aqueles, aquelas Iso, aquilo/aquelo.     Aquel e aquela poden ter funcións diferentes ás de demostrativo: Substantivo: Aquel e aquela poden ser usados como substantivos, con significado non definido. Esta polivalencia permite que o seu significado concreto varíe en cada caso segundo o contexto: Entrou na adega, foi ao pipo e abriu a aquela (= billa). Verbo: Do mesmo xeito funcionan os verbos aquelar e aqueloutrar: Mañá vou ir aquelar o coche ao taller (= reparar). Deixa aque...

O artigo

Imaxe
  O artigo é unha clase de palabras , carentes de significado propio , que precede sempre ao substantivo -ou a outra palabra ou sintagma substantivado- delimitando o seu significado : Artigos determinados:o,a,os,as. Artigos indeterminados: un, unha, uns, unhas. O artigo ten función actualizadora (que significa que restrinxe o significado do substantivo, ex. " A casa azul é a miña" ) e función substantivadora (que quere dicir que fai que o elemento que o segue -adxectivo, numeral, verbo, adverbio, etc.- cumpra as funcións propias do substantivo, ex. " A azul é a miña" ).   As segundas formas do artigo ou alo morfos son lo, la, los, las.  Só é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo coa preposición por e co adverbio interrogativo u:       Véxoo vir po l o camiño       U- l os dicionarios? As segundas formas do artigo poden non ser empregadas na escrita, mais cómpre facelo na fala, pronunciando o...