Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

O verbo

Imaxe
     Para repasar: http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud3_01.html?orix=mor&tema=mor_ud3_01.html   http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud3_02.html?orix=mor&tema=mor_ud3_02.html    https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/aulavirtual/mod/book/tool/print/index.php?id=3308&chapterid=742   https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/aulavirtual/mod/book/tool/print/index.php?id=3308     http://aprendogalego.com/apgal_fin/5-Verbofin/index.html    https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_verbo    Exercicios: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo1.htm

Traballamos os textos (IX)

Un enorme círculo vermello e un H maiúsculo, seguido dun signo de exclamación. Esa foi a maneira na que contestaron a miña primeira solicitude dunha proba diagnóstica, o meu primeiro día como médica residente. A petición poñía: “Inchazón en membro inferior esquerdo, sen evidencia de traumatismo previo. Solicito descartar fractura”. Á radióloga debeulle parecer tan mal aquela falta de H, que nin se molestou en comprobar un coñecemento que, por outra banda, debeu acreditar para ocupar a súa praza.  Despois, virían centos de explicacións, cuestionamentos e comentarios, case sempre por parte de compañeiros, e non de pacientes. Respondín tantas veces á pregunta “e ti, por que falas galego?”, que xa teño unha expresión e unha resposta automática preparada. Sempre contesto: “e por que non?”, cun sorriso imperturbable. Que a inmensa maioría dos pacientes da miña área falen galego, que case todo o persoal o empregue como lingua habitual, que me negue a empregar a lingua como marca de cla...

Traballamos os textos (VIII)

  O NOSO SEÑOR   SANT-IAGO   O do bordón, das cunchas e da estrela, Patrón   da Terra nosa, aloumiñado de saudosa paz, no esgrevio estrado da enxebre catedral de Compostela!   Así   te adora nosa Fe sinxela: no teu trono de prata encadeirado, a man a benzoar , asosegado , esquecido das loitas de Castela.   O teu cabalo branco como a neve, a túa espada de rebrillos louros e o relembro das tráxicas fazañas.   Que, arredrado de nós para sempre, os leve o pobo que te alcuña matamouros, a sanguiñosa xente das Españas!   Ramón Cabanillas, Da Terra asoballada.       1.- Resume o texto. 2.- Sinala a   súa estrutura. 3.- Indica o significado que teñen no texto as palabras subliñadas. 4.- Identifica os pronomes átonos do texto e xustifica a súa posición con relación   ao verbo, indicando a súa función.   5.-   Une mediante os números os elementos relacionados d...

O galego de 1936 a 1978

Imaxe
 O franquismo supuxo un gran retroceso para a cultura galega. Durante os anos da ditadura, o galego estivo ausente de todos os usos oficiais e públicos, desaparecendo case calquera manifestación cultural na nosa lingua. Esta situación política, xunto con outras dinámicas sociais, foron privando ao galego tamén de moitas esferas privadas ás que estaba relegado, converténdose o castelán cada vez máis na lingua das clases acomodadas e do ámbito urbano. Grazas ao pulo de iniciativas como a Editorial Galaxia, foi posible manter unha pequena chama de esperanza para un futuro rexurdir da lingua. Os corenta anos de réxime franquista supuxeron un corte radical e un claro retroceso para o prestixio e a conciencia lingüística que os galeguistas acadaran nos primeiros anos do século XX. Este período de silenciamento e represión acostuma a denominarse metaforicamente coma a longa noite de pedra da lingua galega, en alusión ao libro de poemas que con este mesmo nome, Longa noite de ...

Literatura galega no exilio 1936-1976

Imaxe
A poesía do exilio, por Noa Calviño Lodeiro O teatro do exilio, por Lois Carral Portas

Literatura galega no exilio 1936-1976, o resumo (poesía, narrativa e teatro)

Imaxe

O pronome persoal

Imaxe
Presentación pronome persoal from albertomuniz   Formas tónicas:   1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa   Suxeito Con prep. Suxeito Con prep. Suxeito Con prep. Singular Eu Min Comigo Ti Vostede Contigo Ti, Vostede El / Ela Si Consigo El, Ela Plural Nós Nosoutros Nosoutras Connosco Nós Nosoutros Nosoutras Vós Vosoutros Vosoutras Vostedes Convosco Vós, Vosoutros, Vosoutras Eles / Elas Si Consigo Eles, Elas Sobre o uso destas formas, debes de ter en conta o seguinte: As formas vostede e voste...