O galego a finais do século XX e comezos do XXI
finssec XX from xenevra Morto Franco (1975) e instaurada unha democracia parlamentaria a situación do idioma vai estar definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución (1978), do Estatuto de Autonomía (1981) e das leis do Parlamento de Galicia. O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ao ensino, á radio e televisión, ao libro didáctico; vai ser empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade... Mais a pesar desta presenza semella que aínda estamos lonxe de conseguir a recuperación total do idioma. En 1982, froito do acordo entre a Real Academia Galega e mais o Instituto da Lingua Galega, publícanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego que definen o estándar da lingua contemporánea e que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais. Aínda que a aceptación desta normativa non foi unánime, dende a revisión das normas no 2003, este rexeitamento é mínimo. No ano 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingü...