Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas)

Imaxe
 

Tema III, a Xeración Nós

Imaxe
  A Xeración Nós, por Lucía Rodríguez Frade A Xeración Nós, por Pablo Couto Tomé Otero Pedrayo, por María Currás González Otero Pedrayo, por Ánxela Adán Sangiao Vicente Risco, por Rocío Donsión Ferreiro: Vicente Risco, por Víctor Manuel Pájaro Brey Cuevillas, por Isabel Vilar: Castelao, por Sara Granja Sanmartín Castelao, por Brais González Penela O xornalismo no primeiro terzo do século XX, por José Manuel Hermida Mámoa

1º Terzo do século XX: Grupo Nós

Imaxe
  Breve introdución ao período que vai desde 1916 a 1936

Normalización Linguística

Imaxe
 

O adxectivo

Imaxe
 Procedementos de formación do comparativo. A comparación pode ser de tres tipos:  de igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. Os contos son tan interesantes coma as novelas. de inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra. Os contos son menos interesantes ca as novelas de superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. Os contos son máis interesantes ca as novelas.     As partículas comparativas úsanse seguindo estas regras: COMA e CA son obrigatorios cando segue pronome persoal tónico (min, ti, el, ela...) El é máis alto ca ti - El é tan alto coma ti . Tamén debemos usar COMA cando a continuación hai unha oración subordinada condicional, temporal ou de relativo: Fai coma se non a vira, É coma quen non o ten, Fíxeno coma cando mo explicaron COMO e QUE (ou DO QUE ) son obrigatorios cando segue un verbo en forma persoal. É menos intelixente do que pensa, É tan parvo como parece. ...

Traballamos os textos (VI)

Imaxe
  Inmaculada Echevarría é unha muller de 51 anos que padece distrofia muscular progresiva. Isto supúxolle vivir os últimos dez anos conectada a un respirador; pediu ser desconectada para morrer dignamente, pois di que non ten medo á morte. O particular do seu caso é que está hospitalizada nun centro relixioso andaluz, o Hospital de San Rafael, que leva a orde de San Juan de Dios . O equipo de bioética do centro e o comité de ética asistencial da orde relixiosa analizaron o caso e decidiron acceder á petición, como xa o fixera a Comisión de Ética de Andalucía. Consideran “de forma inequívoca a ausencia de obxeccións de carácter ético” na petición de Inmaculada e a súa “adecuación ao dereito”, segundo nota feita pública. Aseguran que todo se vai realizar co máximo respecto á paciente, nos aspectos técnicos, humanos e morais. Pero os cardeais Antonio Cañizares (Toledo) e Carlos Amigo (Sevilla) non ven así as cousas, e chegaron a cualificar o feito de “eutanasia ilexítima” e homi...

Traballamos os textos (V)

Imaxe
    Afloran os síntomas dunha enfermidade social preocupante nos países democráticos: o rexurdimento, co nome que se queira, dos grupos neonazis. Abordar o problema será, sen dúbida, un dos retos non previstos por esas sociedades prósperas nas que aniña o xerme da violencia, sexa esta contra razas, etnias, sexos, relixións ou calquera forma de diferencia respecto ó que algúns consideran como propio.           O venres produciuse o terceiro atentado consecutivo con estas características en Londres. O primeiro foi contra negros;   o segundo, contra asiáticos; o terceiro, contra homosexuais. Os sospeitosos: os “Lobos Brancos”. Non fai falta unha gran perspicacia para adiviñar a man da ideoloxía nazi detrás desta campaña, traxicamente repetida na Europa que se creu vacinada tras a II Guerra Mundial. En Alemaña, pensadores e políticos alertan desde hai anos sobre o perigo neonazi. En España déronse casos puntuais, coma en Francia....

Traballamos os textos (IV)

Imaxe
    A vitoria de Iván Raña na Copa do Mundo de triatlón, que se desputou en Cancún (México) o pasado 10 de novembro, confirma que o mozo de Ordes gañou o pulso que iniciou contra as súas limitacións o día no que se meteu na máis dura disciplina atlética con ánimo de facer historia. Desque volveu co diploma olímpico de Sydney 2000 non fixo máis ca coleccionar medallas de ouro e prepara os Xogos de Atenas de 2004 coa maior das confianzas e unha repercusión nos medios de comunicación case descoñecida para todos aqueles deportistas que non gañan a vida e a gloria dándolle pancadas a un balón. Iván Raña mereceu o triunfo porque cabo das súas incríbeis cualidades físicas axuntou esforzo e autoconfianza. Cando conversei con el para unha entrevista antes de que gañase en Hungría o Campionato de Europa, confesábame que el sabía que estaba renunciando a unha parte da súa xuventude, pero tiña claro que a recompensa podía ser enorme. “ A vida do triatleta é un sacrificio permanente, ...

Traballamos os textos (III)

Imaxe
    O Antigo Réxime dividía a poboación en tres grupos sociais, aos que chamaba estamentos: a nobreza, o clero e o Terceiro estado. A nobreza representa   o grupo   social máis elevado. O seus privilexios consistían na exención de pagar impostos, na reserva en exclusiva do desempeño dos principais cargos políticos e militares e na existencia de tribunais de xustiza propios. Os ingresos económicos dos nobres procedían das rendas que lles pagaban os labregos que traballaban as súas terras e dos cargos políticos e militares que desempeñaban. O clero tamén gozaba de privilexios como non pagar impostos ou recadar un tributo especial, o dezmo, que obrigaba aos campesiños a entregarlles a décima parte das súas colleitas. Existía unha clara diferenza entre o clero alto, integrado polos relixiosos que procedían da nobreza, e o baixo clero, ao que pertencían os das clases populares. Os membros do alto clero desempeñaban os cargos máis altos daxerarquía –papas, cardeais, ...