Publicacións

O teatro de fins do s XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e 90. Dramaturgos,tendencias e compañías actuais máis relevantes

 O cambio de réxime vivido á morte do ditador Franco conlevou unha mudanza radical no terreo literario, reorientando e diversificando a oferta. O mesmo sucede no teatro, no que se produce unha revitalización que nunca tivera na nosa historia literaria, mais de todos os xeitos continúa a ser “a irmá pobre” da literatura, gozando dunha posición inferior á poesía ou á narrativa. Podemos distinguir tres  fases  no teatro actual: a)  Formación de compañías profesionais  (1978-1983). Grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia emprenden a aventura de facer do teatro a súa profesión, superando polo tanto a fase de afeccionados na que debían vivir doutro traballo. Podemos destacar  Sarabela Teatro , en Ourense, como compañía exitosa que segue en primeira liña na actualidade. No plano estético, as obras de intencionalidade política explícita ou alegórica van deixando paso a propostas máis diversificadas e máis complexas. b)...

Teatro galego de finais do século XX e inicios do XXI (anos 70, 80, 90 e novo milenio)

Imaxe

A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.

 Como característica desta nova etapa debemos destacar unha maior diversificación en todos os aspectos, de estilos, de temas e de rexistros lingüísticos: a) Publícanse parte das novelas centradas na guerra civil e posguerra, case todas escritas moitos anos antes no exilio. b) Narrativa histórica, con introdución de elementos fantásticos ou de aventuras c) Narrativa de xénero: do oeste , ciencia-ficción , erótica. E novela negra ( Carlos G. Reigosa... ) que será a que maior éxito acade, as novelas de Domingo Villar   Ollos de auga,   A praia dos afogados, O último barco  son éxitos actuais tanto en galego como na tradución castelá. O mesmo acontece con Pedro Feijoo : Os fillos do mar , Memoria da choiva , Os fillos do lume . Ou Arantza Portabales : Beleza vermella . d) Narrativa experimental e) Narrativa realista f) Narrativa humorística g) Narrativa fantástica, en boa parte influenciada por Cunqueiro h) Na...

Narrativa galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Imaxe

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Imaxe
  Con pólvora e magnolias  de  Méndez Ferrín  (xunto con  Mesteres  de  Arcadio López Casanova ) marcou un novo rumbo. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista. Entre os moitos autores podemos destacar nestes anos: -O social-realismo e as novas tendencias.  Darío Xohán Cabana , moitas das súas poesías serán cantadas por grupos como  Fuxan os Ventos ; gran dominador do verso e a linguaxe. -Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración:  Rompente  (poesía rompedora de  Antón Reixa, Manuel Romón ),  Alén  e  Cravo Fondo  ( Rodríguez Barrio, Ramiro Fonte ). A partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes citadas pero non compartidas por todos, non hai u...

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Imaxe

O galego a finais do século XX e comezos do XXI

finssec XX from xenevra Morto Franco (1975) e instaurada unha democracia parlamentaria a situación do idioma vai estar definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución (1978), do Estatuto de Autonomía (1981) e das leis do Parlamento de Galicia. O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ao ensino, á radio e televisión, ao libro didáctico; vai ser empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade... Mais a pesar desta presenza semella que aínda estamos lonxe de conseguir a recuperación total do idioma. En 1982, froito do acordo entre a Real Academia Galega e mais o Instituto da Lingua Galega, publícanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego que definen o estándar da lingua contemporánea e que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais. Aínda que a aceptación desta normativa non foi unánime, dende a revisión das normas no 2003, este rexeitamento é mínimo. No ano 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingü...

A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas

Imaxe
Tema7 2010 from xenevra  Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozxs que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras (mesmo experimentais), do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da  Nova Narrativa Galega . Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. A “Nova Narrativa Galega” é un movemento de renovación temática e técnica no que incluímos un conxunto de obras  publicadas entre 1954 e 1971.  Compartían actividades e canles de expresión con outros narradores e poetas dos 50 : publicaron a colección “IIla Nova “...

Nova Narrativa Galega, o resumo

Imaxe

O teatro galego entre 1936 e 1975

Imaxe
 O xénero dramático acusou dun xeito moi especial a expulsión do galego do ámbito público polo réxime franquista. O teatro implica non só a produción dun texto literario, senón a súa posta en escena nun espazo público: un escenario, actores, director... e, por suposto público. É dicir, que ás condicións adversas que condicionaron unha década de silencio para o xénero poético e narrativo, hai que engadir a inexistencia dos outros condicionantes para facer posible o feito teatral. Esta situación contrasta vivamente coa situación antes da guerra, en que se estaban dando pasos para unha dedicación profesionalizada da actividade teatral. No exilio , pola contra, si foi posible manter unha actividade teatral en galego grazas á numerosa colectividade galega formada tanto por emigrantes como por exiliados. Fixéronse pezas teatrais porque era posible representalas e había demanda. Isto explica a existencia dunha compañía de teatro (a Compañía de Teatro Maruja Villanueva) dedicada profesi...